Agenda:

<Diciembre - 2024>
LMXJVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031

Síguenos:

FacebookTwitterYoutube


Actualidad

Noticia de prensa

Volver a actualidad | Ver todas las noticias | Ver todas las actividades

VICTORIA ELECTORAL DEL FRENTE POPULAR (16 DE FEBRERO DE 1936)  Federico Rubio Herrero  En treinta y siete de las sesenta circunscripciones las izquierdas habían triunfado, así como en todas las ciudades de 150.000 habitantes; en cinco circunscripciones de

VICTORIA ELECTORAL DEL FRENTE POPULAR (16 DE FEBRERO DE 1936) Federico Rubio Herrero En treinta y siete de las sesenta circunscripciones las izquierdas habían triunfado, así como en todas las ciudades de 150.000 habitantes; en cinco circunscripciones de

Ferrol - 30/03/2016
Publicada: 27/06/2023

A muller, embarazada, foi axustizada por defender á República en Ferrol. Atresmedia dirixirá esta produción na que participarán, entre outros, Juan Diego, Asunción Balaguer ou Willy Toledo.

Baixo o título de 'San Felipe', a longametraxe producida por Atresmedia estará inspirada na historia desta muller detida, sometida a un simulacro do Consello de Guerra e condenada á morte, estando embarazada. Todo por defender ao goberno da República tras o golpe de estado de 1936. Foi  fusilada no Castelo de San Felipe en 1938, despois do nacemento do seu fillo.

O director e guionista da cinta será Jorge Núñez, que este martes mantivo unha reunión co alcalde da cidade, Jorge Suárez. "Queremos que o cinema conte a historia desta heroína galega. Viñemos a pedir unha pequena colaboración ao Concello e tamén os permisos de rodaxe", explicou Núñez.

A cinta contará con actores coñecidos como Juan Diego, Asunción Balaguer, Willy Toledo ou Enrique Escudero. De feito, o director acudiu ao concello acompañado de Toledo, recoñecido antifranquista e militante de esquerdas.

O pasado 27 de xaneiro, día do aniversario do fusilamento, varios membros da corporación municipal realizaron xa na fortaleza unha ofenda floral para lembrala e tamén alí Jorge Suárez avogou pola necesidade de que "as novas xeracións coñezan estes feitos".

O director Jorge Núñez e varios actores co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, falan sobre 'San Felipe', o filme sobre a vida de Amada García
O director Jorge Núñez e varios actores co alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, falan sobre 'San Felipe', o filme sobre a vida de Amada García | Fonte: ferrol.es

 

 
 


FORO POR LA MEMORIA HISTÓRICA DE MÁLAGA
Teléfono de contacto: 665 91 75 83 - E-Mail: recuperandomemoria@gmail.com